Clasificación Segunda Semana

Ola a todos !!

Como todos os luns chegannos os resultados dos correspondentes participantes que estades a intentar superar as probas propostas cada dia.

Non cabe duda de todo o esforzo que tades a facer e de verdad que alegranos moito que a clasificación esté xenerando tantos puntos para poder vencer a este enemigo que sigue percorrendo as calles.

Noraboa a todos, que gran traballo !!!


RETO 7

PROBA MENTE EN FORMA

Ola a todos,

Para o reto desta semana, propoñovos unha cousa máis díficil, desta vez si que vos teredes que esforzar porque a cousa complicase un pouquiño.

Trata de pensar e intentar adivinar no menos tempo posible a solución, este exercicio e moi bo para traballar a mente e a concentración e tamen podedes observar de que sodes capaces.

O exercicio podedes facelo coa cabeza ou senon tamen podese realizar con papel e boli por si algun non tedes activada a tope a vision 3D.

Pero de seguro que o conseguides, asi que non esperedes moito, darlle o reto e esperamos as vosas respostas.


PROBA CORPO EN FORMA

Para a proba desta semana imos mezclar un pouquiño as duas probas, a do corpo coa proba da mente, teremos que facela da mellor maneira, utilizando ao máximo os nosos sentidos e as nosas aptitudes para conseguir a maioria das probas que se propoñen no video que aparece a continuación.

Non vos preocupedes se non os saen a perfección, a intención é o que conta, así que veña, vamos a por todas !!!


E lembra se envías unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus.


Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".

Respostas Reto 3

Ola a todos !!

Aquí deixovos as respostas ao Reto 3 que veñen dunha alumna do instituto. o seu nome é Andrea Zampalo, tamén fai a actividade de patinaxe e decide facer o noso reto proposto para esta semana.

Andre decidiu responder o reto cuns videos demostrandonos como supera a perfección os retos propostos.






Noraboa Andrea, bo traballo !!!

Reto 6

Proba Mente en Forma

Para a proba deste día, propoñovos un reto que se leva facendo nas nosas vidas moi tempo, imos facer una serie de atopar as diferencias en diferentes imaxes, a ver se sodes capaces de facelo rápido e de atopar todas.

Esta proba consta dun conxunto de tres imaxes, nelas sempre teredes que atopar as diferencias que existen entre elas, onde está a dificultade, pois que as imos separar en 3 niveles e cada nivel ten maior dificultade.

Parecevos fácil, pois adiante, retovos a conseguir atopar as diferencias no menor tempo posible.

Nivel 1: Atopa as 5 diferencias


Nivel 2: Atopar as 10 diferencias



Nivel 3: Atopa as 5 diferencias


Proba Corpo en Forma

Para a proba deste día imos facer unha pequena serie de Cardio Moderado, que tan só dura 15 minutos e nos sirve para facer un pouco de exercicio e manternos en forma.

Animadevos a facelo e darlle ritmo, sorte a todos !!!

Video:







E lembra se envías unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus.



Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".

O ensino a traves da robotica

A ROBOTICA educativa é un sistema de ensino que permite aos estudantes desenvolver áreas de Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas, o que en inglés coñécese coas siglas STEM.


Os estudantes aprenden a construír modelos que normalmente van acompañados dun programa informático que fai que o robot execute ordes.


Os sistemas de programación que se adoitan usar case sempre están baseados en iconas e non en instrucións escritas, para que a aprendizaxe sexa máis atractivo e intuitivo. A finalidade é que o estudante se familiarice cos dispositivos programables.
Cales son os beneficios da ROBOTICA educativa?

  1. Divírtense.
  2. Aprendizaxe.
  3. Reforza a creatividade.
  4. Esperta o pensamento crítico.
  5. Mellora a autoestima.
  6. Prepáralles para o futuro.
  7. Mellora a tolerancia á frustración. 

Que habilidades aprendemos coa ROBOTICA:
  • Traballo en Equipo
  • Liderazgo
  • Emprendimento
  • Aprender dos erros
  • Creatividade
  • Xestión das emocións
  • Expansión do pensamento
  • Esforzo por alcanzar os obxetivos
  • Falar en público
  • Mellora da autoconfianza
Aqui os aparece un pequeno enlace para meteros no mundo da robotica

https://www.youtube.com/watch?v=mGwO58VLd8Y




Reto 5

Proba Mente en Forma

Para o reto deste día, propoñovos unha serie de enigmas, estes exercicios, de cando en vez veñen moi ben para refrescar ao noso amigo o cerebro.

Todos estes enigmas teñen solución, non pensedes que son trampa, asi que non o dubidedes e darlle uso o razonamento e a ver que pode sair das vosas mente.

Lembrada que as solucións a estes enigmas poder ser escritas, mediante foto ou mellor que mello podedes facer un video en donde explicades cal é a solución destes problemas.

Ahi va o reto mental desta semana, ánimo a todos:

1. Algúns meses teñen 30 días, outros 31. Cuantos meses teñen 28 días?
2. Un granxeiro ten 17 ovellas. Mórrenselle 9. Cantas ovellas quedan?
3. Tes que entrar nunha habitación fría e escura, só tes un fósforo. Alí hai unha lámpada de aceite, unha vela e unha fogueira, esperando para ser acendidas. Que acenderías primeiro?
4. Cantos animais de cada especie levou Moisés no Arca?
5. Se conduces un autobús con 43 persoas desde Santiago, pairas en Valdivia recolles a 7 persoas e baixan 5, en Osorno recolles a 4 máis e baixan 8. Logo ao chegar a Porto Montt, 20 horas despois de partir... Como se chama o condutor?







Proba Corpo en Forma

Para a proba desta semana, imos darle un pouco de vidilla as nosas rutinas, vamos facer un deporte chamado Zumba 

Que é a Zumba?

É unha disciplina deportiva que se imparte en clases dirixidas na que se realizan exercicios aeróbicos ao ritmo de música coa finalidade de perder peso, manterse en forma da mellor forma divertida e que serve para mellorar o estado de ánimo dos deportistas.



SESIÓN 1


SESIÓN 2


SESIÓN 3

SESIÓN 4




E lembra se envías unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus.


Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".

Itinerario Virtuais