Que vos parece se botamos unha ollada atras e rememoramos os inicios do noso querido televisor. Se vos parades a pensar, xa non teñen nada que ver cos que nos atopamos agora en calquera lado, é unha das cousas que mais evolucionaron, non creeis? Pois para a proba desta semana rétovos a botar unha ollada atras, que lle preguntedes aos vosos avós e pais de cando eran pequenos e que tipo de televisor tiñan na casa. E como non, para finalizar o reto, a proba consta de facer un boceto dese televisor para darlle forma e vida. Senon se vos ocurre nada, deixovos aqui un enlace de como poderiase facer unha tv.
Animovos a todos e espero con ganas as vosas respostas.
ENLACE: https://www.craftologia.com/tips/manualidades/manualidades-faciles/como-hacer-una-television-con-una-caja-de-carton
Proba Corpo en Forma
A rutina de hoxe esta pensada para que en pouco tempo e coas cousas que todos temos en casa poidas traballar todo o teu corpo. O bo que teñen estes adestramentos, é que, como teñen poucos descansos, permítennos traballar todo o corpo a gran intensidade a pesar de facelo todo co noso peso corporal. E para a proba deste día, propoñovos 4 exercicios.
Antes de todo, faremos un quecemento muscular.
- Sentadillas con Salto: Imos empezar a rutina traballando as nosas pernas e, en casa, o mellor exercicio que podemos facer son as sentadillas con salto. Podemos facelas libres e senón mesmo poderemos usar peso.
- Xeonllos ao peito: En posición de flexión cos brazos estirados levamos de forma alterna os xeonllos ao peito. Debemos de facer este movemento durante todo a duración do exercicio de forma explosiva, rápida e descansando o menos posible
- Salto en Cadeira: Cunha cadeira estable situámonos diante desta e subimos un pié sobre ela subindo o noso corpo e dando un pequeno salto para cambiar de pié e baixar coa outra perna. Logo, coa nova perna que se quedou sobre a cadeira, volvemos empezar o movemento. É importante que a cadeira sexa ríxida e apoiémola na parede, por exemplo, para que non se mova.
- Burpees: É un exercicio que traballa case toda a musculatura do corpo e, ademais de ser esixente, podemos facelo de forma explosiva para acelerar o noso corpo e queimar calorías.
E lembra se envías unha foto de cada proba ao noso correo
de contacto, gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para
loitar contra o coronavirus.
Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio
será 20 puntos e 20 "antivirus".