Para a proba deste día, propoñovos un reto que se leva facendo nas nosas vidas moi tempo, imos facer una serie de atopar as diferencias en diferentes imaxes, a ver se sodes capaces de facelo rápido e de atopar todas.
Esta proba consta dun conxunto de tres imaxes, nelas sempre teredes que atopar as diferencias que existen entre elas, onde está a dificultade, pois que as imos separar en 3 niveles e cada nivel ten maior dificultade.
Parecevos fácil, pois adiante, retovos a conseguir atopar as diferencias no menor tempo posible.
Nivel 1: Atopa as 5 diferencias
Proba Corpo en Forma
Para a proba deste día imos facer unha pequena serie de Cardio Moderado, que tan só dura 15 minutos e nos sirve para facer un pouco de exercicio e manternos en forma.
Animadevos a facelo e darlle ritmo, sorte a todos !!!
Video:
E lembra se envías unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus.
Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".