Superación do Reto


Como se supera o Reto, aquí deixámosche os pasos para seguir:


Para dar o reto por superado soamente tes que enviarnos unha foto, un texto ou un vídeo da proba que realizases.

Lembra que o texto e a foto suman 1 punto, pero se envías un vídeo gañarás 10 puntos para o teu colexio e 10 antivirus para a loita contra o Coronavirus.

Ah! se envías unha foto de papá, mamá facendo tamén a proba sumas un punto extra por cada persoa que convenzas para facer o reto.
Pero se o que consegues é que envíen tamén un vídeo, suman outros 10 puntos extra por cada vídeo enviado

Recorda que se nos mandas unha foto, realizando o reto,  daremos por ela 1 punto a teu favor.

Pero tamén sería mais divertido se nos mandades un vídeo, onde se vexa a todos os integrantes da familia facendo o reto, por iso animámosvos a todos a loitar polos 10 puntos que están en xogo.





A dirección de correo á que nos tes que mandar as cousas é a seguinte: fapasiesmontedasmoas@gmail.com SE QUERES QUE PUBLIQUEMOS O teu RETO NO BLOGUE PULSA AQUÍ:


E por último, se tes algunha dúbida ou dificultade para superar as probas podes consultalo cos educadores do colexio. Tes toda a información na pestana "CONSULTAS" da páxina principal deste blogue.

Itinerario Virtuais