La Aventura de Leer

Literatura para adolescentes

Moitos mozos empezan a ler e interesarse na literatura entre os 12 e 17 anos, mantendo o hábito da lectura durante toda a súa mocidade e quizais durante toda a súa vida. Recomendar, debater e convidar a ler os libros máis populares entre os adolescentes pode ser un gran tema para expoñer. 

Entre estes libros atopamos: 

Os xogos da fame de Suzanne Collins: É unha triloxía de ciencia ficción e aventura. En chamas, de Suzanne Collins: É o segundo libro da triloxía dos xogos da fame.
Sinsajo, de Suzanne Collins: Terceiro libro da excelente triloxía dos xogos da fame.


O teorema de Katherine, de John Green: Collins comeza a estudar desde unha visión científica as relacións e as rupturas, ata lograr a unha fórmula matemática que lle accede adiviñar o rumbo dunha relación.

Will Grayson, Will Grayson, de John Green: Conta a historia de dous mozos co mesmo nome.

Buscando a Alaska, de John Green: Miles, un mozo normal, coñece a Alaska, unha bela nova autodestructiva que arrastrará a Miles ao seu universo e mesmo lle roubará o corazón.

Aliados: entre o ceo e a terra, de Leandro Calderone: Nesta obra, Deus decide destruír aos humanos por estar infatigablemente malgastando oportunidades para cambiar e ser mellores.



Baixo a mesma estrela, de John Green: É unha historia de amor que sucede entre dous mozos con enfermidades terminais.

Clasificación 1ª Semana

CERCA DE CHEGAR OS 5 MIL PUNTOS

Completamos a primeira semana do proxecto "Xaque ao Virus". Unha primeira semana con 3 retos propostos aos escolares de 30 centros educativos da cidade e que fomentaron a participación das familias na sua consecución.

Despois desta primeira semana recibimos máis de 700 respostas en forma de fotos e vídeos. Esto supón pasar da barreira dos 4000 puntos en só 7 día. Puntos que se traducen en outros tantos Antivirus para a "loita virtual contra o Coronavirus".

A continuación presentamos os puntos obtidos por cada centro participante.

NORABOA !!!


Reto 4

Proba Mente en Forma

Que vos parece se botamos unha ollada atras e rememoramos os inicios do noso querido televisor. Se vos parades a pensar, xa non teñen nada que ver cos que nos atopamos agora en calquera lado, é unha das cousas que mais evolucionaron, non creeis? Pois para a proba desta semana rétovos a botar unha ollada atras, que lle preguntedes aos vosos avós e pais de cando eran pequenos e que tipo de televisor tiñan na casa. E como non, para finalizar o reto, a proba consta de facer un boceto dese televisor para darlle forma e vida. Senon se vos ocurre nada, deixovos aqui un enlace de como poderiase facer unha tv.

Animovos a todos e espero con ganas as vosas respostas.

ENLACE: https://www.craftologia.com/tips/manualidades/manualidades-faciles/como-hacer-una-television-con-una-caja-de-carton



Proba Corpo en Forma

A rutina de hoxe esta pensada para que en pouco tempo e coas cousas que todos temos en casa poidas traballar todo o teu corpo. O bo que teñen estes adestramentos, é que, como teñen poucos descansos, permítennos traballar todo o corpo a gran intensidade a pesar de facelo todo co noso peso corporal. E para a proba deste día, propoñovos 4 exercicios.

Antes de todo, faremos un quecemento muscular.
  • Sentadillas con Salto: Imos empezar a rutina traballando as nosas pernas e, en casa, o mellor exercicio que podemos facer son as sentadillas con salto. Podemos facelas libres e senón mesmo poderemos usar peso.
  • Xeonllos ao peito: En posición de flexión cos brazos estirados levamos de forma alterna os xeonllos ao peito. Debemos de facer este movemento durante todo a duración do exercicio de forma explosiva, rápida e descansando o menos posible
  • Salto en Cadeira: Cunha cadeira estable situámonos diante desta e subimos un pié sobre ela subindo o noso corpo e dando un pequeno salto para cambiar de pié e baixar coa outra perna. Logo, coa nova perna que se quedou sobre a cadeira, volvemos empezar o movemento. É importante que a cadeira sexa ríxida e apoiémola na parede, por exemplo, para que non se mova.
  • Burpees: É un exercicio que traballa case toda a musculatura do corpo e, ademais de ser esixente, podemos facelo de forma explosiva para acelerar o noso corpo e queimar calorías.



E lembra se envías unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus.

Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".

Resposta Reto 2

Ola a todos !!

Aqui chegan mais novidades novas, os ensino unha nova resposta ao reto número 2, que nos chega por parte dunha irmán das nosas alumnas do noso Instituto, o seu nome e Andrea Martinez e fai tamen a actividade de Patinaxe.

Andrea decidiu mandarnos un video, onde amosanos como proponlle o reto a su irmán pequena, onde se ve elaborado o cartel do abecedario e vese perfectamente como fai os momvementos correspondentes a cada letra, moi ben feito, noraboa.

Moitas Grazas para Andrea e a súa axudante !!!



Respostas Reto 1


Ola a todos !!

Aqui vouvos ensinar unha resposta que nos chegou dunha alumna do noso Instituto, o seu nome e Sofia e fai a actividade de Patinaxe.

Sofia decidiu faacer un video, onde amosanos como fai un cartel contra a loita do Coronavirus, este enemigo ao que tamos intentando vencer todos xuntos.

Moitaz Grazas Sofia !!!


E nos siguen chegando máis propostas de carteles, aquí os mostro outro cartel máis, feito por mais alumnos.



Reto 3

Proba Mente en Forma

Nome: E se xogamos o minigolf?


O mini-golf é a perfecta alternativa para os amantes do golf ou para aqueles que queiran iniciarse neste deporte: un xogo con pequenos e entretidos obstáculos que axudarán a exercitar toda a nosa habilidade. Para satisfacción de expertos e principiantes. Unha tarefa sinxela coa que tanto novas como maiores poderán divertirse e, despois, mellorar o seu hándicap.

Atreveste a idear un campo de mini golf con varias postas, eso si, o campo ten que estar feito con materiais caseiros e gustarianos observar a destreza que tedes da man da bricolaxe.

Asi que non te durmas, pon a quentar o cerebro, dalle a esa imaxinación e deixanos anodadados con ese campos de minigolf que podedes fabricar.



Proba Corpo en Forma


Para manterse en forma hai que exercitarse en casa. propoñémosche facer 4 exercicios sinxelos para comezar ben o día.

As probas novas para a proba desta semana tratarase dunhas series de carreiras.

O percorrido debera ser mais ou menos longo con algunha viraxes e rectas para facelo interesante, eso si, o percorrido ten que ser feito a ida e volta.

Acordadevos sempre de facer un quecemento inicial.

  • Exercicio 1: tumbados no chan, na posición da oruga, intentaremos recorrer o pasillo da casa no menor tempo posible.
  • Exercicio 2: de pé, mans na cintura, pes atados, trataremos de percorrer o pasillo o mais rápido posible

  • Exercicio 3: agachados no chan, posición do cangrexo, faremos o mesmo, percorrer o espacio delimitado no menor tempo posible.
  • Exercicio 4: e por último, aqui precisaremos a axuda duns trapos que nos poñeremos no traseiro,  sentados enriba deles, e teremos que axudarnos soamente cos pes para coller impulso e movernos o máis rapido posible.

E lembra se envías unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus.

Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".

Reto 2

25 de Marzo del 2020

PROBA MENTE EN FORMA


Nome do Xogo: Imos a Nasa


O obxectivo deste xogo é conseguir que os dous lados do noso cerebro póñanse a traballar de xeito conxunto para buscar unha solucion que desafia a nosa mente.

Trátase do seguinte: 

Tomas unha folla tamaño carta e nela escribes o abecedario en maiúsculas, cinco letras por liña dun tamaño tal que o abecedario completo ocupe a totalidade da folla. 

Agora fas o seguinte: 

  • • Debaixo da letra D vas escribir unha “i” minúscula 
  • • Debaixo da letra I vas escribir unha “d” minuscula 
  • • Debaixo da letra J vas escribir unha “ j” minúscula

A continuación segue situando máis “i”, “d” e “ j” aleatoriamente debaixo de cada letra maiúscula seguindo a regra de que só se pode repetir dúas veces seguidas as “i” e a “d” e nunca se debe repetir a letra “ j”. 

O modo de execución é o seguinte:

  • Pegas a folla na parede e sitúasche unha distancia na cal poidas ler o contido da folla 
  • Vas lendo en voz alta as letras do alfabeto e levantas o brazo esquerdo, dereito ou ambos de acordo coa minúscula que se sitúe debaixo de cada maiúscula: a “i” é por esquerdo, a “d” é por dereito e a “ j” é por xuntos, é dicir levantas ambos os brazos. 
Debes realizar o exercicio a unha velocidade dun segundo por letra. Se te equivocas nunha letra debes comezar de novo desde a primeira letra da fila que estabas a facer. 

O obxectivo é percorrer todo o abecedario da A ata a Z sen equivocarse e da Z á A sen cometer erros. 


Por se non o entendes aqui amosamoste unha imaxe de como tes que facer o xogo nunha folla





PROBA CORPO EN FORMA

Para manterse en forma hai que exercitarse en casa. propoñémosche facer 5 exercicios sinxelos para comezar ben o día:

Primeiro empezaremos, cun bo quecemento muscular.

  • Exercicio 1: tumbados no chan, imos facer 5 series de 10 repeticións de abdominais.

  • Exercicio 2: de pé e coas mans na cintura  imos facer 5 series de 10 repeticions en modo sentadillas.

  • Exercicio 3: tumbados no chan, imos facer 5 series de 10 repeticions en modo flexions

  • Exercicio 4: aquí imos facer 5 series con 10 repeticións do exercicio jumping jack.

  • Exercicio 5: e por ultimo e máis difícil, aquí imos intentar facer 5 series de 1 minuto de plancha, con un descanso entre repetición de 2 minutos.



E lembra se envías unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus.
Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".








Reto1

23 de marzo de 2020

PRUEBA MENTE EN FORMA: "A Unión fai a forza"


Este é un lema que debemos ter presente ao longo da nosa vida porque nos axudará a gañar moitas batallas e como non, esta non será menos. Pois empecemos por facer noso isto lema e sabendo que todos temos que ser responsables nesta loita, f
agámoslo vivible con algo que resulta obrigatorio para todos, nestes días e que nos une e fai fortes.

O reto consiste en facer visible o lema # QuedateEnCasa en debuxos, carteis, pintura na cara ou da maneira que se vos ocorra.
Atrévesche?? Fácil non?? Pois adiante….
PROBA CORPO EN FORMA: "Quentando motores"

Para manterse en forma hai que exercitarse en casa. propoñémosche facer 5 exercicios sinxelos para comezar ben o día:

Previamente o que temos que facer é un bo quecemento.
  • Exercicio 1: De pé e coas mans na cintura poñerse no bico dos pés. Repetir 10 veces
  • Exercicio 2: De pé e coa mans na cintura virar o tronco á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.
  • Exercicio 3: De pé, facer 10 círculos cara adiante cos brazos.
  • Exercicio 4: De pé, facer 10 círculos cara atrás cos brazos.
  • Exercicio 5: De pé e coas mans na cintura virar a cabeza á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.

Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus.

Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus"

Instruccions do Xogo

QUE E XAQUE MATE O VIRUS

É unha proposta en liña para a promoción da saúde física e mental adaptada á situación de confinamento familiar na que a sociedade española está inmersa debido á pandemia provocada polo coronavirus.

Esta proposta está dirixida a todos os escolares inscritos nos programas municipais "Deporte non centro", "Lecer educativo" e "Luditarde", co fin de seguir mantendo a oferta educativa a todas aquelas familias inscritas nos devanditos programas.



Obxetivo do Xogo

O xogo consiste en superar diferentes retos semanais para conseguir unha serie de puntos ou "antivirus" necesarios para derrotar o coronavirus e avanzar nas posicións na clasificación xeral.

Cales son os retos?

Son probas sinxelas que tes que pasar para acumular puntos para a túa escola. Cada reto constará de dúas probas:



  • Proba o CORPO EN FORMA: Serán tarefas que teñen que ver coa actividade física e o deporte e que podes facer na casa.

  • Proba Mente en Forma: Serán tarefas que fomentarán o desenvolvemento da túa creatividade. Cun pouco de imaxinación, seguro que as farás facilmente.



Os retos publicaranse no blog do xogo creado para o teu colexio os luns, mércores e venres ás 12:00 do mediodía. 

TEDES 36 HORAS PARA REALIZAR CADA DESAFÍO.


Como superar os retos?

É moi sinxelo, só tes que enviar unha foto do reto ou un vídeo ao enderezo de correo electrónico deste blog.


Lembra que a foto é o traballo son 1 punto e o vídeo son 10 puntos!

Presentación


Ola a todos
Este grupo de educadores presentámosvos un xogo, usarémolo para combater ao noso inimigo, ao cal entre todos queremos derrotar.
Este xogo online preséntase como unha alternativa á realización dos Programas de Lecer, #ante a realidade que estamos a vivir coa propagación do Virus Covid-19 e que, como consecuencia e medida de prevención e propagación, o Estado decretou a permanencia en domicilios durante 14 días, prorrogable algún tempo máis.
Trátase dun sistema telemático no que se expón a participación en liña dos nenos e nenas inscritos no Programa de Lecer (Deporte no Centro, Lecer Educativo, Luditarde e Listen and Speak) nun xogo virtual que leva por título: Xaque Mate ao virus.
O obxectivo é facilitar ferramentas de lecer alternativas, colaborando na tarefa de educar e ocupar máis que nunca ese espazo temporal forzoso para os nenos e nenas, achegando o noso granito de area.
O Xogo consiste é un taboleiro virtual no que contén 19 retos a superar relacionado con diferentes contidos ou áreas que se abordan nas actividades extraescolares, desde a ciencia, as matemáticas, a investigación, a música, o movemento ata os valores como a solidariedade, a responsabilidade e o ben común tan necesarios e importantes nestes momentos que estamos a vivir.
A presentación dos retos farase cada día no noso propio blogue Se este reto superádelo entre todos os nenos e nenas deste cole, concédense unha serie de puntos ou antivirus necesarios para derrotar ao coronavirus e vaise avanzando. A clasificación do xogo coas puntuacións por centro, poñerase unha vez presentados os retos
ATREVÉDESVOS?


Itinerario Virtuais